O 9 de novembro organizamos en Santiago a Xornada sobre o Dano Cerebral, que vai realizar unha análise e avaliación do percorrido ‘Desde o asistencialismo ao pleno exercicio de dereitos’. Estudaremos os cambios nos recursos de atención á nosa discapacidade e como pouco a pouco se foi incorporando un enfoque de dereitos, que busca novos modelos de vida independente, á abordaxe do dano cerebral adquirido. Un programa que abre a directora do CEADAC, Inmaculada Gómez, e no que se presentarán máis dunha ducia de iniciativas cun enfoque de dereitos que se están a desenvolver no ámbito da nosa e doutras discapacidades.
📝 A inscrición está aberta aquí.
🗓️ Sábado, 9 de novembro, de 9:00 a 17:15 na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela).
🎓 Actividade con recoñecemento de interese sanitario.
🤚 Servizo de interpretación en LSE.
ℹ️ Máis información e programa: https://danocerebralgalicia.org/gl/actualidade/a-xornada-sobre-o-dano-cerebral-estuda-o-percorrido-dende-o-asistencialismo-ao-pleno-exercicio-de-dereitos-